Gran Premio de España de 1981
Nome oficial | XXVII Gran Premio de España |
---|---|
Tipo | Gran Premio de España |
Deporte | automobilismo |
Parte de | Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1981 |
Distancia do evento | 80 |
Localización e Datas | |
Localización | Circuíto do Jarama (San Sebastián de los Reyes) 40°37′02″N 3°35′08″O / 40.617111111111, -3.5855833333333 |
País | España |
Data | 21 de xuño de 1981 |
Competición | |
Primeiro posto | Gilles Villeneuve |
Pole position | Jacques Laffite |
Volta máis rápida | Alan Jones |
O Gran Premio de España de 1981 foi unha carreira de Fórmula 1 celebrada no Circuíto do Jarama en Madrid, España o 21 de xuño de 1981. A carreira foi a sétima rolda da tempada 1981 de Fórmula Un.
Resumo
[editar | editar a fonte]O Gran Premio de España de 1981 contou coa segunda final máis pechada dunha carreira de Fórmula Un, logo do Gran Premio de Italia de 1971, tras o Ferrari de Gilles Villeneuve os catro seguintes coches terminaron en tan só 1,24 segundos. Esta foi a última vitoria de Villeneuve, a miúdo considerada como a súa obra mestra táctica.[1]
Houbo algúns cambios para esta carreira, Eliseo Salazar deixara March para unirse a Ensign, en substitución de Marc Surer. Ademais, John Player Special regresou para patrocinar ao Team Lotus logo dun parénteses de 2 anos.
A pole foi para Jacques Laffite no seu Ligier - Matra, os dous Williams - Cosworth de Alan Jones e Carlos Reutemann foron segundo e terceiro por diante de John Watson do equipo McLaren, de Alain Prost de Renault e do Alfa Romeo de Bruno Giacomelli. Gilles Villeneuve foi sétimo.
O día da carreira foi infrecuentemente cálido. Ao principio da carreira de Jones e Reutemann tomaron vantaxe logo de que Laffite fixera unha mala saída. Villeneuve tomou o terceiro lugar na primeira curva, danando o alerón dianteiro de Prost cando tomou a posición. Ao final da primeira volta Villeneuve saíuse do rebufo de Reutemann e obtivo o segundo lugar. Jones comezou a tomar distancia, pero na volta 14 saíuse da pista, cando tiña 10 segundos de vantaxe sobre o canadense.
Isto deixou a Villeneuve con Reutemann na súa cola. Detrás deles estaban Watson, Laffite e Elio de Angelis que comezaron a pechar o duelo polo liderado. Reutemann tiña algúns problemas coa súa caixa de cambios e cando Laffite púxose detrás o arxentino pouco puido facer para impedir o adiantamento. Máis tarde Reutemann caeu detrás de Watson. Os cinco principais candidatos convertéronse nun tren de coches, xuntos nas voltas do final da carreira.
Villeneuve utilizou a potencia do seu motor Ferrari nas rectas para gañar un pouco de marxe e non ser superado polos seus rivais, pero nas curvas estaban sobre el. Laffite alcanzou ao canadense varias veces, cando saía das curvas, pero o Ferrari aguantou diante grazas a potencia do seu motor. Os cinco permaneceron xuntos ata a bandeira, cruzando a meta separados por tan só 1,24 segundos para lograr a segunda carreira máis pechada na historia da Fórmula Un.
Este sería o último Gran Premio de España no Jarama, debido ao feito de ter unha pista demasiado estreita para a Fórmula Un moderna, o difícil trazado e a escasa capacidade de público[2] (a pequena lonxitude do circuíto foi probablemente a causa de que a carreira do ano anterior non contara como unha carreira para o Campionato do Mundo, o anuncio fixérase no mesmo fin de semana), foi o último Gran Premio de España ata a tempada de 1986, cando se celebrou no recentemente construído Circuíto de Jerez no sur do país.
Clasificación
[editar | editar a fonte]Posicións logo da carreira
[editar | editar a fonte]
|
|
- Nota: só están incluídos os cinco primeiros postos da clasificación.
Carreira anterior: Gran Premio de Mónaco de 1981 |
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA Temporada 1981 |
Carreira seguinte: Gran Premio de Francia de 1981 |
Carreira anterior: Gran Premio de España de 1980 |
Gran Premio de España | Carreira seguinte: Gran Premio de España de 1986 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Gerald Donaldson. Gilles Villeneuve: The Life of the Legendary Racing Driver (London: Motor Racing Publications, 1996) ISBN 978-0-947981-44-0
- ↑ "1981-FIA-Review-07-Spain". YouTube. 2006-07-17. Consultado o 2012-06-16.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gran Premio de España de 1981 |
A menos que se indique o contrario, todos os resultados da carreira tómanse de "The Official Formula 1 website". Consultado o 2007-06-16.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |